VIGO FLORECE NO INVERNO

Turismo de Vigo

O inverno caracterízase por ofrecer paisaxes abatidas e árbores espidas. Menos en Vigo! onde as camelias comezan a florecer inundando a cidade coa súa cor. O aceite de camelia é considerado unha xoia cosmética en Asia. Ten numerosos beneficios para a dieta, a pel e o cabelo. De feito, en Galicia xa se produce aceite e té desta flor.

Achégate ás Rías Baixas, onde a climatoloxía e a acidez do terreo é óptima para o cultivo desta especie, e mergúllate en alfombras que van do branco máis puro ata o encarnado máis rabioso.

Descobre a “Ruta da camelia” de Galicia e pérdete entre fermosos xardíns floridos en pleno inverno. Este percorrido está composto por 12 xardíns entre os que se atopan o Pazo-Museo Quiñones de León e o parque de O Castro. O primeiro é un Pazo que conta entre os seus xardíns coas camelias máis antigas de Galicia; o segundo, ademais de ofrecer unhas magníficas vistas sobre a Ría de Vigo, permitirache visitar unha fortaleza e as ruínas dun poboado prerromano entre outros monumentos. 

Na linguaxe das flores, camelia significa: "querereite sempre". Ven a Vigo e déixate seducir por estas fermosas e enigmáticas flores chegadas de Oriente da man dos navegantes portugueses.

Etiquetas: