Auditorio de Castrelos

Un concerto ao aire libre en Castrelos

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!

Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.

O Auditorio de Castrelos recibiu a Oasis, Metallica, Leonard Cohen, Franz Ferdinand o Maná , entre unha longuísima lista de artistas internacionais. Algúns, como Mike Oldfield, namoráronse deste auditorio de tal forma que, aínda viñan a tocar a outro escenario, cambiaron de plans e deron o seu concerto neste fermoso recinto, que imita os teatros romanos.

Pistas e recomendacións: 

No  Parque de Castrelos, tamén encontrarás o Pazo-Museo Quiñones de León e tes á túa disposición varios xardíns e sendas para pasear.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Parque de Castrelos s/n
  • Teléfono: 
    986 810 221