Comesaña

A transición do pasado rural ao presente industrial

En Comesaña hai unha ruta obrigada, e é a gastronómica: en poucos barrios de Vigo conviven tantos asadores (churrascos, para os galegos). Se aínda non probaches a tenreira galega ou o porco, non agardes máis. A tenreira galega é Indicación Xeográfica Protexida e os pratos de porco galego son dos máis ricos de España.

Pero o que realmente marca Comesaña é o seu río, o Lagares, que influíu en todas as construcións desta pequena parroquia: fontes, lavadoiros e muíños antigos son as testemuñas dun pasado rural que hoxe se mestura co progreso a través de decenas de empresas que se instalaron no Polígono Industrial do Caramuxo. Podes percorrer o tramo da Senda Azul que discorre xunto ao río Lagares ata as praias.

Pistas e recomendacións: 

Na parroquia consérvanse tres cruceiros: o Cristo do Pazo, o do templo parroquial e o Cristo do Outeiro, un dos máis antigos de Galicia. Tamén merece unha visita a igrexa e a casa reitoral, situadas xunto ao palco do campo da festa. A parroquia celebra a súa festa máis importante, a do Rosario, en setembro.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: 2.510