La Casa de Arriba

La Casa de Arriba é un dos mellores locais de música en directo de Vigo e é o mellor exemplo de que non é preciso ter un enorme escenario para ser un referente de concertos en Vigo.

Cunha programación moi escollida e co apoio incondicional dalgúns dos mellores músicos de Vigo, este local de Churruca soubo converterse nun lugar imprescindible para os amantes do pop: concertos acústicos, formatos íntimos e aplaudidas actuacións sorpresa desenvólvense no pequeno e confortable espazo da Casa.

Pistas e recomendacións: 

É o sitio perfecto para tomar a primeira copa en Churruca ou para pasar unha tarde de cañas en Vigo cos amigos.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

Zona: Churruca