Organiza a túa viaxe
Estás a pensar en como organizar unha viaxe a Vigo? Aquí atoparás toda a información para viaxar a Vigo, a maior cidade de Galicia, e aproveitar a túa visita ao máximo. Vigo é un paraíso natural ao que non só podes chegar en avión, tren ou en coche, senón tamén en barco. Unha cidade cunha baía espectacular, a ría de Vigo, e un porto punteiro en Europa no que fan escala os cruceiros máis importantes do mundo.
Onde está o aeroporto de Peinador, onde aloxarte en Vigo, onde alugar un coche… Planea con nós a túa visita a Vigo: aquí está todo o necesario para programar a túa escapada ao sur de Galicia. Vén a gozar dun magnífico contorno natural e, sobre todo, dunha cidade na que conviven modernidade e natureza, con decenas de opcións para aproveitar a túa estancia.