Sala Mondo

A Sala Mondo é un dos escenarios máis novos da noite en Vigo. Por el pasaron desde grandes da escena nacional, como Najwa Nimri ou Cycle, a grandes mitos estranxeiros como Patrick Wolfe. Un dos seus maiores reclamos é a aposta polos DJ, que converteron a Sala Mondo nunha mestura perfecta de sala de concertos en Vigo con propostas clubbing, aproveitando o gran espazo que ocupa, con dous ambientes independentes. É, ademais, o local de moda para terminar a noite en Vigo.

Pistas e recomendacións: 

Na última hora mestúranse todos os grupos e estilos. Pínchase indie e rock alternativo, mesturado con grandes himnos pop de onte, hoxe e sempre.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica