Teatro Ensalle

Teatro e danza independente

O teatro e a danza independentes en Vigo teñen un nome: Teatro Ensalle. A tradición teatral de Galicia é intensa: gústanos o teatro e temos unha rede autonómica de salas e compañías locais incomparable.

En Vigo, as salas de teatro alternativo tamén proliferaron, desde pequenos escenarios para monólogos, a auténticos teatros independentes, como o Ensalle, onde mostrar as tendencias máis modernas da escena nacional.

O Teatro Ensalle ten programación todo o ano excepto en xullo e agosto e no seu escenario encontrarás propostas radicalmente diferentes ás que propoñen os circuítos clásicos.

Pistas e recomendacións: 

O Teatro Ensalle ten dúas compañías de danza residentes, Pisando Ovos e Provisional Danza, e organiza cada ano festivais de teatro en Vigo coa vangarda escénica nacional.

Información práctica