IFEVI

Grandes concertos no IFEVI

O IFEVI é un dos escenarios de grandes concertos en Vigo. Con 3 pavillóns de entre 8.000 e 12.000 m², o Instituto Feiral de Vigo é un dos mellores lugares da cidade para acoller todo tipo de eventos dada a súa capacidade.

Polo IFEVI pasaron Lenny Kravitz, Bob Dylan, Serrat, Sabina. Moitos vigueses lembrarán bailar no Creamfields de Vigo con artistas como Chemical Brothers… ou cun festival de verbenas ou de habaneiras. Calquera gran concerto ou espectáculo ten cabida no IFEVI.

Pistas e recomendacións: 

Ademais de concertos e eventos culturais e deportivos, no IFEVI desenvólvese unha importante programación anual de feiras e exposicións.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica