A falta de documentación impide coñecer de forma exhaustiva o que podería ser o traxe dos nosos antepasados alá polo 1809. Aínda así, e a través de documentación escrita, gravados e cadros podemos facer un estudio aproximativo.
En tódalas épocas as clases sociais e os diferentes gremios de artesáns distinguíanse pola súa vestimenta, xa que canto maior era o nivel adquisitivo, mellores prendas aparecían e se ían mesturando con outras.
As mulleres de cotío levaban na cabeza cofia ou pano da cabeza de lá floreado ou de seda anoado detrás,...