CEMENTERIO DE PEREIRÓ, ENTRE O OLVIDO E A MEMORIA 2023

Turismo de Vigo

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...

Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son relevantes os aspectos antropolóxico e históricos que garda.

Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non te perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró: Dª Concepción Arenal , Dª Irene Ceballos, Dª María dos Milagres Elduayen (marquesa de Valladares) e Don Bernardo González do Val (Cachamuiña) son os personaxes que che contarán a apaixonante historia da cidade de Vigo a través os seus panteóns e monumentos funerarios.

É unha experiencia inesquecible coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que se foi para sempre, pero que pervive na memoria do Vigo vivo...

 

Como inscribirme ?
 

As inscricións realizaranse a través do Servizo de Atención Cidadá, 010 (986 810 260) .
O prazo de inscrición comeza o 27 de outubro, ás 9:30 horas.

Non se ofertarán todas as prazas á vez, abriranse cotas semanais: As inscricións realizaranse todos os xoves (2, 9 e 16 de novembro), para anotarse nas visitas da semana seguinte. Sempre a partir das 09:30h.

Calendario de inscricións
:

- O venres 27 de outubro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que terán lugar os días 30 de outubro, 3, 4 e 5 de novembro.
- O xoves 2 de novembro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que terán lugar os días 6, 7, 8, 10, 11 e 12 de novembro.
- O xoves 9 de novembro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que terán lugar os días 13, 14, 15, 17, 18 e 19 de novembro.
- O xoves 16 de novembro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que terán lugar os días 20, 21, 22, 24 e 25 de novembro.

Poderán rexistrarse un máximo de tres persoas(a persoa que chama máis dous acompañantes)

Días de visita:
Outubro: 30
Novembro: 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 24 e 25.

Cada día haberá tres grupos reducidos, con entradas escalonadas ás 18:30, 19:00 e 19:30 h.

Características da actividade:

Duración: 90 minutos
Punto e hora de encontro: Porta principal Cemiterio de Pereiró 15 minutos antes do comezo de cada sesión
Accesible en cadeira de rodas agás para visitar o interior da capela.

Requisitos de visita

  •  Imprescindible reserva previa.

• A actividade está dirixida ao público adulto, polo que é necesario ter 18 anos para facer a reserva e presentar o DNI.
• Os asistentes presentaranse 15 minutos antes da hora de inicio da visita na entrada principal do Cemiterio de Pereiró.
• Deberán seguirse en todo momento as instrucións do persoal responsable do grupo.
• As visitas son de carácter histórico-cultural. É un lugar de culto no que hai que manter un mínimo de decoro e respecto.
• Non se permite o acceso con animais.
• Non se permiten gravacións de vídeo e/ou audio.

Condicións de cancelación

O usuario pode cancelar a súa asistencia con ata 48 horas de antelación.
En canto se produza unha cancelación chamarase ás persoas en lista de espera. Se alguén non contesta, chamarase á seguinte persoa ata completar a lista de asistentes de cada quenda.
Se alguén non cancela a asistencia e non se presenta, non terá dereito a facer reserva para outro día.