CEMITERIO DE PEREIRÓ, ENTRE O OLVIDO E A MEMORIA 2026

Turismo de Vigo

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...

Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son relevantes os aspectos antropolóxico e históricos que garda.

Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non te perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró: Dª Concepción Arenal , Dª Irene Ceballos, Dª María dos Milagres Elduayen (marquesa de Valladares) e Don Bernardo González do Val (Cachamuiña) son os personaxes que che contarán a apaixonante historia da cidade de Vigo a través os seus panteóns e monumentos funerarios.

É unha experiencia inesquecible coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que se foi para sempre, pero que pervive na memoria do Vigo vivo...
 

Inscricións

As inscricións realizaranse exclusivamente de maneira presencial na Xanela de Turismo (18A), situada na planta baixa do Concello.

O prazo de inscrición comezará o mércores, 21 de novembro.

Cada semana, de luns a venres, abriranse dúas quendas de tickets, unha ás 9:30 h e outra ás 13:00 h, ata que se esgoten as prazas.
Será necesario retirar un tícket nas máquinas expendedoras situadas na lonxa do Concello.

Lémbrase que, ao tratarse dunha actividade gratuíta e destinada ao conxunto da cidadanía, cada persoa só poderá participar unha vez.

Calendario de rutas

  • Diarias, do 23 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2026 (agás o 2 de febreiro).

  • Haberá tres grupos diarios de 25 persoas, con entrada graduada ás 18:30, 19:00 e 19:30 horas.

Cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 participantes: a persoa solicitante e ata tres acompañantes.
Para formalizar a inscrición será necesario achegar nome e apelidos, número de DNI, teléfono e correo electrónico de todas as persoas inscritas.

Cancelacións

As persoas inscritas poderán cancelar ou modificar a súa participación por escrito cun mínimo de 48 horas de antelación. ( turismodevigo@vigo.org)

Cada vez que se produza unha cancelación, o persoal municipal porase en contacto coas persoas da lista de espera. No caso de non responder á chamada, continuarase coa seguinte persoa ata completar o grupo.

Lémbrase que se unha persoa non pode acudir á visita e non cancela cun mínimo de 48 horas de antelación, non poderá realizar unha nova reserva durante este ano.

Desenvolvemento da actividade

  • As visitas terán unha duración aproximada de 90 minutos.

  • O punto de encontro será a entrada principal do Cemiterio de Pereiró, onde as persoas asistentes deberán presentarse 15 minutos antes do inicio.

Normas da actividade

  • É imprescindible realizar reserva previa.

  • A actividade está destinada a persoas maiores de 18 anos e será necesario presentar o DNI.

  • As persoas participantes deberán presentarse 15 minutos antes do inicio na entrada principal do Cemiterio de Pereiró.

  • Durante a visita deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal responsable.

  • Lémbrase que é un espazo de culto, polo que se require manter unha actitude respectuosa e axeitada.

  • Non se permite o acceso con mascotas.

  • Non está permitido realizar gravacións de vídeo nin audio.

¡Prazas limitadas!Apúntate e descubre un dos recunchos máis misteriosos de Vigo.

+ info: 986 224757 o turismodevigo@vigo.org