Festas en barco

Celebra a bordo unha noite de fábula

De festa en Vigo… nun barco! Imaxina organizar unha festa a bordo dunha goleta de fábula, ou dispoñer dun iate para celebrar unha ocasión especial con todos os teus amigos. Ou, quizais, unha romántica velada en parella nun precioso veleiro.

En Vigo podes organizar todo tipo de festas en barco, en plena ría: despedidas de solteiro, lúas de mel, festas de aniversario, eventos de empresa e viaxes de incentivo… É posible vivir unha noite de luxo por moito menos do que imaxinas.

Hai empresas que alugan barcos para festas, como Maregalia, unha opción ideal se viñeches a Vigo co teu grupo de amigos ou queres organizar un evento único. Outras, como Mar de Ons, ofrecen  rutas os sábados de verán e só tes que apuntarte.

Consulta aquí todas as empresas que ofertan festas en barco en Vigo ou que alugan barcos con patrón na ría… e deixa voar a túa imaxinación!

Pistas e recomendacións: 

Se viñeches a Vigo pola túa conta, tamén podes gozar dunha festa en barco na ría de Vigo: moitas destas empresas organizan festas para singles e eventos relacionados coas festas populares. Podes apuntarte a celebrar San Xoán ou as Festas de Bouzas desde o mar, e coñecer a un montón de xente.