Frío industrial

A industria do conxelado, sector de negocio en Vigo

A industria do conxelado é unha das mostras máis claras do talento de Vigo para os negocios. Non só en pesca e en conserva somos unha potencia: tamén somos pioneiros nacionais e europeos na industria da pesca conxelada: 6 empresas viguesas deste sector están entre as 15 primeiras de España. O liderado vigués en todo o que a pesca e derivados se refire queda patente durante a celebración da  feira internacionaConxemar, no recinto feiral de Vigo, IFEVI. Esta feira e a máis importante de España e a segunda de Europa de produtos do mar conxelados. Un último dato: atrae a tantos expositores e empresarios que só por ela tiveron que ampliarse as instalacións do recinto feiral. 

Pistas e recomendacións: 

A arquitectura industrial é un dos maiores atractivos de Vigo. Podes atopar os restos de antigas plantas conserveiras no edificio do Museo do Mar ou mirar con outros ollos o Auditorio Mar de Vigo se sabes que nese solar se levantaba a emblemática Casa Mar, unha poderosa empresa local.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

Conxemar celébrase en Vigo cada mes de setembro.