Mergullo en Cíes

Mergúllate no ecosistema mariño de Cíes

Practicar submarinismo nas Illas Cíes é unha das experiencias máis incribles que se poden gozas na ría de Vigo. Aquí, no canto de mergullar con peixes tropicais, encontraraste flotando entre lumbrigantes, centolas e polbos. E, en canto te achegues ás rocchas, verás percebes e mexillóns, ourizos de mar, enormes bosques de anemones e ata linguados e rodaballos! É un ecosistema riquísimo, co que tamén podes familiarizarte visitando o acuario do Museo do Mar de Galicia.

Unha boa opción é deixarse aconsellar por algún dos clubs e empresas de mergullo de Vigo, que poden fornecerte equipamento, guiarte con seguridade e descubrirte os segredos mellor gardados dos fondos mariños das Illas Cíes.

Pistas e recomendacións: 

As augas do Atlántico son frías: ten en conta isto á hora de escoller o teu neopreno para mergullar en Cíes.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica