Seráns

Un serán de música tradicional

Sabes que é un serán en Vigo? A palabra galega serán só a utilizamos nalgunhas zonas da provincia de Pontevedra. É unha palabra única, que antigamente definía os bailes típicos de Vigo que se organizaban, case de forma espontánea, nas aldeas nas que non había verbenas.

Como empezaban pola tarde, “polo serán” en galego, ese foi o nome que tomaron. Nestas festas tradicionais que se celebran nalgúns barrios de Vigo todo o mundo canta e baila, así que mellor que vaias practicando os teus pasos de xota, muiñeira ou pasodobre!

Pistas e recomendacións: 

Os seráns non teñen un calendario establecido, moitos séguense organizando, como manda a tradición, uns días antes de facelos. Un dos seráns máis famosos de Vigo é o Serán das Tarambainas, que se celebra no mes de setembro no barrio de Cabral. Podes consultar en blogs de asociacións culturais os que están programados na provincia.