Río Eifonso PR-G5

Ruta de bosques autóctonos, muíños e ermidas

A ruta do río Eifonso PR-G5 é un paseo natural de curto percorrido por bosques autóctonos, muíños e ermidas. Está a carón cidade e é perfecta para camiñar e relaxarse xunto ao río. Trátase dunha ruta con algo de pendente que nos permitirá internarnos por lugares cheos de natureza, onde aínda se conservan múltiples elementos etnográficos.

Este sendeiro por Vigo de curto percorrido é facilmente accesible desde o centro da cidade tanto en transporte público como en vehículo particular. Saíndo da cidade pola avenida de Madrid en dirección ao Porriño, apartarémonos en Bembrive e tomaremos a estrada a Beade. A uns 50 m da ponte que cruza o río Eifonso, está sinalizado o inicio do sendeiro, que xa nos permite ver os seus muíños e pequenos saltos de auga.

Tras superar, camiñando sempre de fronte, un cruce de camiños, a senda ascende progresivamente ata a ermida de San Cibrán, cun agradable entorno para descansar antes de continuar por unha pronunciada subida e empezar a xirar lixeiramente cara á esquerda mentres se atravesa un tupido bosque e se cruza a autopista ao Val Miñor. É esta unha zona con numerosos camiños de carros lousados e restos de antigos poboados.

A ruta termina no parque forestal de Beade, con impresionantes vistas sobre o val coa cidade ao fondo. Pero tamén é posible enlazar desde alí cos sendeiros de longo percorrido GR-53 y GR-58 que cruzan todos os montes vigueses.

Pistas e recomendacións: 

Xunto á capela de San Cibrán celébranse romarías populares e, a principios do outono, a Festa da Sidra, bebida elaborada tradicionalmente por moitas familias da parroquia de Bembrive.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Distancia: 4 quilómetros

Duración do percorrido: unha hora e media.

Dificultade: media-baixa.

Tipo de ruta: non circular.