Tenis, pádel e squash
Xogar ao tenis en Vigo
Xogar ao tenis en Vigo
Os amantes do tenis en Vigo teñen 12 pistas ao aire libre nas instalacións deportivas da praia de Samil.
Pero tamén hai espazos para practicar o frontón ou o frontenis: 5 pistas exteriores e unha cuberta no Complexo Deportivo das Travesas. E zonas para o squash en Vigo: hai 6 pistas no Complexo Deportivo de Balaídos; 3 no Pavillón do Carme, 2 no de Lavadores e 1 no ximnasio do Berbés.
Pero o que realmente está de moda en Vigo é o pádel. Hai multitude de afeccionados, clubs privados e instalacións onde practicalo indoor ou ao aire libre. E recibir clases. Nas instalacións municipais de Samil ou Barreiro dispós de pistas.
Pistas e recomendacións:
As instalacións dependen do Instituto Municipal de Deportes de Vigo, e hai que reservar as pistas antes de utilizalas.