Vigo, Cidade de Primeira
Un partido de primeira no estadio de Balaídos
O Celta de Vigo é o equipo oficial da cidade, orgullo e emblema de todos os vigueses. E un dos máis queridos en todo o país. O fútbol é o deporte estrela en España, unha auténtica paixón colectiva. En poucas ligas se pode gozar de estrelas e equipos de tan alta calidade coma na primeira división española… E todos pasarán por Vigo para enfrontarse co Real Club Celta!
Un partido contra o Celta é a escusa perfecta para visitar Vigo con algún dos grupos de afeccionados, co teu equipo ou coa túa familia. Ademais de ver fútbol, poderás coñecer unha das cidades máis animadas do norte español, na que praia, natureza e festa conviven á perfección. Mira o calendario de liga e aproveita a túa viaxe a Vigo con amigos para gozar dun partidazo no estadio de Balaídos.
O estadio de Balaídos aloxa o Museo Real Club Celta de Vigo. Se es un auténtico afeccionado ao fútbol non deixarás de visitalo.
O equipo adestra na Madroa, normalmente a porta aberta. Despois poderás achegarte a Vigozoo, se viñeches co nenos, ou dar un paseo polo Parque Forestal Teis-Madroa.
Información práctica
-
Estadio de Balaídos
-
C/ de los Olímpicos
-
Teléfono:986 213 230
Consulta os próximos partidos e compra a túa entrada na web Oficial do Celta de Vigo.