Alameda/Montero Ríos

Empezar a noite no Vigo Señorial

A zona do Ensanche de Vigo desde a Alameda ata Montero Ríos e o seu contorno, é unha das áreas que tes que coñecer. Se vés pola tarde é un sitio ideal para estar coa túa familia: hai xardíns e parques para nenos e é perfecto para dar un paseo tranquilo e sentarte a tomar algo nas terrazas desta fermosa zona peonil. É, ademais, unha das zonas de Vigo máis interesantes arquitectonicamente: podes percorrela seguindo a nosa ruta do Vigo Señorial.

A partir das 8 da tarde convértese nun concorrido lugar de afterwork, entre as principais arterias comerciais e o porto, e a un paso do barrio histórico. Por iso, esta zona tamén é territorio dos noctámbulos. Desde un cóctel no skyline dun hotel de luxo ata as cervexarías máis exclusivas e os pubs de moda con vistas ao porto... Ti elixes.

Pistas e recomendacións: 

Explora o contorno desde a Alameda (a Praza de Compostela), ata Montero Ríos. Nas rúas de Luís Taboada e García Olloqui, e as súas perpendiculares, encontrarás máis dun local no que gozar de bo ambiente. Logo, se tes ganas de máis, podes dirixir os teus pasos ao Areal ou a Churruca.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo