OCIO INFANTIL

  • PARQUE DE ATRACCIÓNS INFANTÍS

Un parque con todo tipo de atraccións para gozar en familia.

Localización: Areal, 8.

Datas e horario: Do 20 de novembro ao 9 de xaneiro.  De luns a xoves, de 17:00 a 23:00h. Venres, de 17:00  01:00h. Sábados, de 11:00 a 01.00h. Domingos, de 11:00 a 23:00h. Festivos e vésperas de festivo, peche á 01:00h. desde o 21 de decembro ao 9 de xaneiro, o horario de peche se ampla até as 00:00h. O 5 de xaneiro o peche será ás 22:00h.

  • CIRCO DE NADAL

Localización: Avenida de Castelao, Praza Mestre Prudencio Rodríguez. Barrio de Coia.

Datas e horarios: ​Do 2 de decembro de 2022 ao 8 de xaneiro de 2023.

Entradas á venda en ataquilla.com

  • PARQUE INCHABLE BIG JUMP PARK

Un parque de 2.000 metros cadrados que reúne gran diversidade de inchables de todos os tamaños e formas posibles para todas as idades: Tobogáns xigantes, piscinas de bólas, inchables de escalada, carreiras de obstáculos, food trucks...

Localización: Avenida de Castelao. Torreiro da Festa.

Datas e horarios:   A partir do 20 de novembro de 2022. De luns a venres de 17:00 a 22:00h. Sábados e domingos, de 12:00 a 22:00h

Prezos:

Ticket 1 hora: 12€ 

Ticket media hora: 7€

Sesións Adultos : venres e sábados, 12€ (1 hora )

Ticket grupos (mínimo 10 personas): 10€

  • VIGOLANDIA

Un parque con todo tipo de diversións, como unha pista de obstáculos de 150 metros, unha ponte tibetana de 50 metros, unha tirolina de 53 metros, obradoiro de minichefs, xogos de mesa, futbito, baloncesto, badminton, animación, karaoke, obradoiros de manualidades, de maquillaxe ou un veículo de intervención espacial. Ademáis haberá un certame de pintura que terá como tema as luces de Nadal de Vigo no que participan medio centenar de colexios. Os asistentes tamén poderán disfrutar do parque móvil da Policía Local que ensinará sobre educación vial e tamén dos bombeiros.

Localización: Recinto Ferial IFEVI.

Datas e Horarios: Do 26 ao 30 de dicembro. De 12 a 20h. O día 26 comeza as 16h

Prezo: 6€