Festas de Vigo

Vive Vigo na Semana Grande

A Semana Grande de Vigo é a maior festa tradicional de Vigo: 7 días de concertos, celebracións populares, xogos para nenos e unha infinidade de propostas que inundan a cidade na primeira semana de Agosto.

A procesión do Cristo da Vitoria é o fito relixioso da Semana Grande de Vigo, e a cita máis multitudinaria da cidade: miles de vigueses acompañan ao Cristo no seu percorrido polas rúas do barrio histórico ata a Igrexa de Santa María.

O Cristo da Vitoria de Vigo converteuse nun dos emblemas da cidade. Entre outras cosas, atribúeselle a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809: por iso, desde ese ano, o Cristo sae en procesión cada primeiro domingo de agosto.

Pistas e recomendacións: 

O auditorio ao aire libre de Vigo, no Parque de Castrelos, só abre as súas portas durante as festas de Vigo. Non te perdas algún dos concertos que acolle, porque será unha experiencia que xamais esquecerás.

Durante a Semana Grande, tamén poderás gozar de concertos ao aire libre cada noite, na Praza da Constitución, en pleno barrio histórico.