Skate e patinaxe

Vigo, capital galega do skate

Vigo é a capital galega do skate. Se che apaixona este deporte, unha escapada a Vigo será sempre unha boa opción: aquí encontrarás toda esa cultura urbana que rodea a práctica do skate e encontrarás algúns dos mellores recunchos para deslizarte e porte a proba. Ademais, en agosto organízase a cita máis importante de skate do norte de España, O'Marisquiño.

Un deses sitios míticos para practicar skate en Vigo é o Monte do Castro. Alí hai infinidade de ramplas e toda a tranquilidade para practicar ata que caia a noite. Tamén podes acercarte a Montero Ríos: os skaters vigueses practican a diario na praza da Estrela ou o Náutico.

Se prefires patinar, hai unha fantástica pista de patinaxe na praia de Samil, aínda que por toda a cidade existen largos paseos para patinar ás túas anchas: o de Bouzas, por exemplo.

Pistas e recomendacións: 

Vigo é contracultura. En ningunha outra cidade de Galicia encontrarás máis esta actitude rebelde, inquieta, creativa que se reflicte tamén na súa historia musical, pero tamén noutros ámbitos da cultura urbana: moda, deportes…

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo