Grandes concertos e festivais

Grandes concertos e festivais de música salpican cada ano o calendario de citas culturais de Vigo. Escoller só un entre toda a oferta de grandes festivais en Vigo é complicado, pero se es un afeccionado á música e queres visitar a cidade, non dubides en consultar antes as datas destes eventos: encontrarás citas relacionadas coa cultura urbana, como O'Marisquiño, ou exquisitas vangardas sonoras como as que propón o Festival Sinsal. Busca a túa favorita e programa unha escapada a Vigo, no te arrepentirás!