Senda da Auga

A ruta de abastecemento de Vigo

A senda ou camiño da auga é unha ruta natural de Vigo que discorre por diversos accesos e vías de servizo da canle que transportaba auga desde o encoro de Eiras, en Fornelos de Montes, ata Vigo. O último tramo, desde o municipio de Redondela, discorre por unha zona de gran beleza, entre bosques e regatos, e desde ela contémplase boa parte da ría de Vigo e curiosas perspectivas da Ponte de Rande. Ademais, é un camiño no que non atoparás pendentes, polo que é ideal para facer sendeirismo con nenos en Vigo.

Desde Vigo pódese acceder á ruta da auga desde a rúa Cantabria, próxima á Travesía de Vigo, no barrio de Lavadores. Aínda que o percorrido de toda a senda é moito máis longo, unha primeira aproximación podería ser realizar os primeiros 13 km existentes entre o seu inicio ata a estrada que comunica Redondela co aeroporto de Peinador. Aí xa é fácil acceder ao transporte público para o regreso. Tamén se recomenda volver polo mesmo percorrido, xa que as vistas cambian notablemente se se fai a senda nun ou noutro sentido.

Ao longo da senda da auga realizáronse repoboacións con especies vexetais autóctonas e áreas de descanso. Tamén, por estar ligada á auga, dispón de numerosas fontes.

Pistas e recomendacións: 

No primeiro tramo da ruta, atoparás furanchos nos que degustar o viño de casa local á maneira tradicional.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Distancia: 13 quilómetros.

Duración do percorrido: catro horas.

Dificultade: baia.

Tipo de ruta: non circular.