Barrios mariñeiros

Perderse polas rúas mariñeiras

Encontrarás o pasado e presente mariñeiro de Vigo no seus barrios costeiros.

É recomendable empezar, por exemplo, polo barrio histórico: as vellas casas de pescadores aínda se levantan na praza do Berbés, cos seus antigos soportais ata os que chegaba o mar, e onde antes se vendía o peixe. Agora as poxas fanse enfronte, na impresionante Lonxa de Grandes Peixes, e o perfil de Beiramar (a avenida que leva ata Bouzas), repártese entre estaleiros, consignatarias e empresas pesqueiras.

Se segues Beiramar, que mellor que achegarte a Bouzas, un dos mellores expoñentes de barrio mariñeiro que encontrarás en Galicia. No paseo marítimo encontrarás a asociación de mariñeiros, e incluso podes visitar as  embarcacións clásicas reconstruídas que se exhiben no pantalán.

Se sobes ata as praias do Cocho e Mourisca, en Alcabre, ao atardecer verás os pescadores de baixura faenando na ría de Vigo. Entre ambas as praias, é imprescindible a parada no Museo do Mar para coñecer a fondo a nosa historia pesqueira.

Tamén podes revivir o pasado pesqueiro visitando o monte da Guía, no emblemático barrio de Teis. Baixa ata a praia da punta, é unha das máis populares, un espazo para o ocio en plena zona de actividade naval.

Pistas e recomendacións: 

Non esquezas, ademais, que vas visitar os mellores barrios de Vigo para gozar da nosa gastronomía, baseada nos produtos do mar.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo