Un mar de náutica

O turismo náutico en Vigo ten unha gran tradición e moitos afeccionados. As excelentes condiciones naturais para navegar ou practicar deportes náuticos que ofrece a ría de Vigo permitiranche gozar dunha paisaxe única en Galicia: só en Vigo poderás sentir a infinita liberdade de navegar en medio do océano Atlántico e observar a buliciosa vida da maior cidade das Rías Baixas.

Natureza e cidade mestúranse en Vigo para poñer á túa disposición o mellor escenario para unha viaxe náutica: desde Vigo poderás percorrer en veleiro a costa sur de Galicia ou aproveitar para practicar surf nunhas das mellores praias das Rías Baixas; descubrir a ría cunha tranquila travesía en kaiak, dar unhas clases de vela ou ben participar nalgunha competición de piragüismo ao longo da ría de Vigo.

En Turismo de Vigo, poñemos á túa disposición Un Mar de Náutica, onde encontrarás todo o necesario para organizar unha completa e emocionante viaxe de turismo náutico a Vigo: portos deportivos de Vigo, actividades náuticas, clases de vela, cursos de surf… Elixe e goza.