Barrio Histórico: Primera hora

O comezo da noite no Casco Vello

Os vigueses chamamos ao noso barrio históricoCasco vello”, é a zona vella de Vigo que está vivindo a súa nova xuventude, e a noite é o mellor momento para comprobalo: decenas de tascas e bares espérante entre as súas rúas empedradas. Para empezar a noite en Vigo non hai nada como unha ruta de tapas ou de viños polo barrio: desde a Praza da Constitución ás inmediacións da Colexiata; por Cesteiros ou a rúa Real ata Teófilo Llorente… Encontrarás bares de toda a vida convivindo porta con porta con modernos locais que renovaron algúns deses sitios de sempre. Todo nun ambiente informal e distendido.

Pistas e recomendacións: 

Se non te apetece deitarte tarde pero tes ganas de bailar antes de ir para o hotel, no barrio histórico encontrarás onde alongar un pouco a noite; locais de copas para mozos en Teófilo Llorente ou a rúa Real, e incluso un mítico local de ambiente en Vigo na rúa Oliva.

Se prefires a charla tranquila, saborea un cóctel ou un licor tradicional na Praza da Constitución.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo