Plans especiais
Noites para todos os gustos
Noites para todos os gustos
Buscas un plan especial en Vigo de ocio nocturno? Na cidade máis grande de Galicia hai plans para todos os gustos. Ademais da oferta de restauración, a música e espectáculos ou rutas por locais nocturnos, encontrarás decenas de opcións alternativas para gozar a noite en Vigo. Ocorréuseche pasar unha velada VIP en barco pola ría? Ou percorrer o Vigo monumental baixo a lúa chea? Ou esperar ao amencer nunha praia deserta, só para ti e para a túa parella? Vigo ofréceche estas e outras posibilidades para vivir unha noite inesquecible.