5 RECOMENDACIÓNS QUE DEBES TER EN CONTA ANTES DE IR ÁS ILLAS CÍES
- SOLICITA O TEU PERMISO E RESERVA O BILLETE DE BARCO CON ANTELACIÓN: se non queres levar un desgusto ao atoparte con que non podes visitar as Illas Cíes porque non hai prazas, compra o teu billete con antelación. É un Parque Nacional e o número de visitantes por día está restrinxido. Por iso, antes de mercar o teu billete deberás de solicitar un permiso á Xunta de Galicia. Podes facer a túa compra online nas páxinas web das Compañías navais:
- O BARCO NON ESPERA A NINGUÉN: asegúrate de estar na Estación Marítima coa suficiente antelación para aparcar (se vés en coche), ou chegar desde a estación de tren ou autobús, o embarque realízase 10 minutos antes da saída.
- NON ÁS CHANCLETAS: é certo que as Illas Cíes teñen praias incribles pero… nada de chancletas! ou acabarás cos pés cheos de ampolas cando queiras subir ao Faro ou realizar algunha das incribles rutas de sendeirismo que ofrece o Parque. Se as levas, polo menos, asegúrate de contar tamén con outro calzado cómodo. Non existe ningún medio de transporte nas Illas máis que os teus pés, así que vaite preparado para non sufrir!
- CREMA SOLAR: aínda que consideres que o día está nubrado ou non faga demasiada calor, non esquezas poñerte crema solar cada tres horas se non queres volver vermello como un cangrexo.
- COIDADO COAS GAIVOTAS: alimentar aos animais do Parque está prohibido pero haberá quen se busque a vida por si só…así que… ollo coas gaivotas! porque son moi monas, pero rouban e cómense a túa comida. Non deixes ningún alimento á vista e asegúrate de pechar ben as bolsas porque abren cremalleiras e desatan nós, como o oes!