Actualidade

venres, 11 Setembro, 2026 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

luns, 24 Agosto, 2026 - 14:20
Turismo de Vigo

Festa do Marisco de Vigo

Do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro de 2026, Vigo celebra unha nova edición da Festa do Marisco, unha cita gastronómica que pon en valor a riqueza da ría de Vigo e a tradición mariñeira da cidade.

Durante oito xornadas, unha gran carpa gastronómica ofrecerá unha...

xoves, 13 Agosto, 2026 - 11:03
Turismo de Vigo

A romería urbana máis tradicional de Galicia

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiroconverte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo...

domingo, 2 Agosto, 2026 - 10:15
Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 6 ao 9 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes...

Páxinas