UN CONCERTO AO AIRE LIBRE EN CASTRELOS
venres, 13 Xuño 2025

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!
Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.
O Auditorio de Castrelos recibiu a Oasis, Metallica, Leonard Cohen, Franz Ferdinand o Maná , entre unha longuísima lista de artistas internacionais. Algúns, como Mike Oldfield, namoráronse deste auditorio de tal forma que, aínda viñan a tocar a outro escenario, cambiaron de plans e deron o seu concerto neste fermoso recinto, que imita os teatros romanos.
Programa oficial Castrelos 2025
- Sábado 12 de xullo – Ana Belén
- Mércores 16 de xullo – Musical De que cor é un bico?
- Xoves 17 de xullo – Gente de Zona
- Venres 18 de xullo – Trueno
- Luns 21 de xullo – The Black Keys
- Xoves 24 de xullo – Rozalén
- Sábado 26 de xullo – Coral Casablanca
- Xoves 31 de xullo – Vanesa Martín
- Venres 1 de agosto – Ópera A Traviata
- Domingo 3 de agosto – Jason Derulo
- Sábado 9 de agosto – Ópera Turandot
- Martes 12 de agosto – Musical A Bela e a Bestia
- Venres 15 de agosto – UB40 feat. Ali Campbell
- Sábado 16 de agosto – India Martínez
Pistas e recomendacións:
No Parque de Castrelos, tamén encontrarás o Pazo-Museo Quiñones de León e tes á túa disposición varios xardíns e sendas para pasear.