Benvidos a Vigo

Mergúllate con Turismo de Vigo no encanto da maior cidade de Galicia e descubre o corazóndas Rías Baixas: a súa luz, o seu clima temperado, a súa gastronomía, a súa cultura e a súaincrible paisaxe. Visita Vigo e déixate levar por esta urbe singular que sempre deixa pegada.

Esta cidade mariñeira, de espírito incansable e emprendedor, combina a súa vibrante vidaurbana cunha das máis belas paraxes naturais de Galicia: as Illas Cíes, unha visita imprescindible para todos os que buscan unha viaxe ao norte, en parella, cos amigos ou paratoda a familia. O destino do sur de Galicia ideal para gozar da natureza: no corazón da ría de Vigo, con fabulosas praias, pero cunha oferta diversa de ocio nocturno, cultura, shopping e entretemento para todos os gustos… e todos os petos. 

Vigo está deseñada para os que buscan un amplo abanico de opcións: gastronomía galega, natureza, náutica, praias, ocio e o ambiente nocturno máis animado de Galicia.

 Navega Vigo connosco e descubre todo o que ten que ofrecerche.