Lavadores

O Vigo más auténtico

Lavadores é un barrio obreiro, rural e comercial. Foi a “Rusia chiquita”, a zona máis vermella de Vigo antes da Guerra Civil, berce do movemento sindical da cidade e, hoxe, plácido oasis que combina áreas rurais coa vitalidade de zonas comerciais de pequeno comercio.

Lavadores medra ata a emblemática zona do Calvario. É a zona máis urbana, pero mantén o gusto pola vida tranquila: son barrios de comercio tradicional, de paseos sosegados e de moita vida na rúa. Comprobaralo ao entrar no centro comercial aberto do Calvario, co seu bulicioso mercado de abastos. Moi preto está a Igrexa da Inmaculada Concepción, popularmente coñecida como "igrexa dos picos" polo seu peculiar alzado en formigón, deseñada en 1968 por Antonio Román Conde.

Tamén nace en Lavadores a popular Senda da Auga.

Pistas e recomendacións: 

A igrexa de Santa Cristina de Lavadores, do século XIX, erixiuse sobre un antigo templo do século XII, do que tan só conserva parte do tellado. Na porta principal vese o Cristo do antigo cruceiro que dá nome ao Calvario. Xunto á igrexa, está o pazo de Rivera Atienza, hoxe escola-obradoiro municipal.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: Máis de 16.700