Mosterio da Visitación

Estilo rexionalista nas Salesas Reais

O Mosteiro da Visitación das Salesas Reais é unha visita imprescindible para os amantes da arquitectura relixiosa en Vigo. A cidade sempre tivo debilidade polas obras do arquitecto Antonio Palacios, que deixou en Vigo algúns dos seus traballos máis belos. O Mosteiro da Visitación é un deses exemplos: construído en 1942, nun dos barrios tradicionais de Vigo, Teis. É un edificio de estilo rexionalista, cun certo aire medieval, para levantalo usáronse os sistemas construtivos tradicionais galegos, o que o converte nunha peza valiosísima do nosos patrimonio relixioso.

Construíuse co material autóctono por excelencia, o granito, e na súa fachada usáronse as pedras tal e como saen da canteira, sen pulir, o que consegue ese inconfundible efecto rústico, tan característico deste mosteiro, no que só se aprecia o traballo dos canteiros nos vans.

Pistas e recomendacións: 

Teis merece unha visita longa, xa que o barrio ten infinidade de cousas que mostrarte, empezando por este mosteiro e a ermida no Monte da Guía, ao borde do mar.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Barrio da Calzada de Teis (Teis)