Praia de Rodas

A Praia de Rodas foi escollida como a mellor praia do mundo polo diario británico The Guardian, e en canto a pises comprenderás por que: máis dun km de longo e 60 m de ancho arroupan un areal impresionante, ideal para pasar o día en familia: está pegado ao peirao, polo que apenas terás que camiñar para pasar un día de praia.

A praia une as illas de Monteagudo e de Faro. Posúe unha area fina e branca, así como unhas augas cristalinas de cor esmeralda. Xunto a ela consérvanse zonas de dunas naturais.

Como chegar: desde o peirao de Rodas. A praia está á esquerda.

Accesos: escaleiras e diferentes sendas ao longo do areal

Dotacións: servizos públicos, vixilancia e socorrismo, megafonía, restaurantes, cámping e caseta de información

Posto de socorrismo: xullo e agosto todos os días desde a chegada do primeiro barco ata a saída do último. Xuño e setembro durante as fins de semana.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Dimensións: 1.300x60m

Bandeira Azul 2016