BENVID@S A UNIVERSIDADE DE VIGO

Turismo de Vigo

Fundada en 1990, a Universidade de Vigo é unha institución pública cunha marcada vocación europea, atlántica e internacional. O seu principal campus, Lagoas-Marcosende, atópase a uns 15 quilómetros do centro de Vigo, nun privilexiado contorno natural.

O campus constitúe ademais un singular espazo de arquitectura contemporánea, con edificios proxectados por recoñecidos arquitectos como Enric Miralles e Alfonso Penela, que se integran na topografía e na paisaxe das ladeiras de Vigo.

A súa importante comunidade internacional e os seus programas de mobilidade e cooperación fan da Universidade un punto de encontro entre culturas. Cada ano, estudantes procedentes de Europa, América Latina e doutros lugares do mundo chegan a Vigo para estudar, descubrir a cidade e gozar do seu carácter atlántico.

A Universidade de Vigo achega á cidade xuventude, diversidade e talento, convertendo os seus campus e as súas rúas en espazos de encontro e convivencia.

Descubre a túa universidade e descubre tamén Vigo: unha cidade atlántica, dinámica, aberta e internacional que ofrece moito máis alá das aulas.

Benvido/a á túa cidade universitaria!

Etiquetas: