DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN VIGO
domingo, 20 Abril 2025

O 17 de maio de 1863 a imprenta de Juan Compañel, sita no corazón do barrio histórico de Vigo, imprimía o manuscrito de “Cantares Gallegos“ obra de Rosalía de Castro. Este fermoso libro de poemas -que non te podes perder- escrito na lingua propia de Galicia, marca o inicio do “Rexurdimento“ para o galego escrito, tras oito séculos refuxiado na fala e alleado da escrita e do rexistro culto, aínda que fora lengua de reis e trobadores na idade media.
En honra e lembranza deste fito literario, cada 17 de maio, a proposta da Real Academia da Lingua Galega, Galicia homenaxea a aquela persoa que destaca pola súa aportación a nosa lingua, que hoxe é co-oficial co castelán. O promotor desa iniciativa foi un vigués de adopción: Francisco Fernández del Riego, escritor vencellado co grupo Galaxia, unha das industrias culturais de Vigo máis significativas de finais do século pasado.
Este ano, o Día de las Letras Galegas rendirá homenaxe a Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e ás Pandereteiras de Mens, Manuela Lema Villar e ás irmáns Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, orixinarias de Malpica de Bergantiños.
Elixe o teu libro e ¡ Feliz Día !