Actualidade

venres, 11 Setembro, 2026 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

luns, 24 Agosto, 2026 - 14:20
Turismo de Vigo

Festa do Marisco de Vigo

Do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro de 2026, Vigo celebra unha nova edición da Festa do Marisco, unha cita gastronómica que pon en valor a riqueza da ría de Vigo e a tradición mariñeira da cidade.

Durante oito xornadas, unha gran carpa gastronómica ofrecerá unha...

sábado, 22 Agosto, 2026 - 11:30
Turismo de Vigo

Degusta en Vigo o auténtico mexillón de batea

mexillón é o rei da ría de Vigo. Cultivado con coidadas técnicas tradicionais nos centenares de bateas que salpican a costa de Vigo, o mexillón pódese degustar de decenas de formas distintas. A Festa do Mexillón de Vigo, que se celebrará o próximo 6 de setembro no parque de Castrelos, é a mellor forma de coñecer que é unha típica mexilonada. En palabras dun dos escritores galegos máis universais, Álvaro...

xoves, 13 Agosto, 2026 - 11:03
Turismo de Vigo

A romería urbana máis tradicional de Galicia

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiroconverte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo...

Páxinas