UN VIGO PARA COMELO

Turismo de Vigo

Se estás buscando un lugar onde gozar do turismo gastronómico, Vigo é o teu destino.

Dise que os meses con «r» son os mellores para o marisco, así que este mes tes a escusa perfecta para visitar a maior cidade de Galicia.

A ría de Vigo, corazón das Rías Baixas, pon sobre a túa mesa unha infinita oferta de mariscos e peixes que farán as delicias do máis esixente dos padais.

A ampla oferta de restauración de Vigo permitirache degustar a mariscada máis tradicional ou innovadoras elaboracións de cociña de autor. Non deixes de visitar a famosísima rúa das ostras, situada no barrio histórico. Tamén te podes animar cunha tapa de mexillóns das nosas bateas, ou cunha exquisita centola da ría nalgunha tasca dos singulares barrios mariñeiros.

E se queres coñecer de primeira man os segredos da cociña galega, atrévete cos talleres de cociña tradicional.

Bo proveito! 

Etiquetas: