Actualidade

venres, 2 Outubro, 2020 - 00:00
Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou...

venres, 19 Xuño, 2020 - 20:10
Turismo de Vigo

A comodidade do taxi é unha boa opción para coñecer Vigo, especialmente recomendable para familias con rapaces pequenos, para os que teñen dificultades ou simplemente para aqueles aos que non lles apetece andar. Os prezos ofrecidos por Radio Taxi son para un taxi no que caben ata catro persoas. Se o precisas, existen taxis adaptados a discapacitados; abonda con reservalos cunha hora de antelación.

Escolle o percorrido que máis che guste e goza dunha ruta personalizada ao teu ritmo.

MIRADOIROS DE VIGO

(40 km, 4 paradas de 15...

mércores, 10 Xuño, 2020 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2020, 10 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

sábado, 30 Maio, 2020 - 11:39
Turismo de Vigo

 A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas. Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.


Vigo foi musa para escritores de todo o mundo. Desde Jules Verne ata os últimos best-sellers de Domingo Villar, pasando por Otero Pedrayo...

Páxinas