Actualidade

martes, 1 Xullo, 2025 - 14:18
Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 18 ao 22 de xullo. Durante 5 longos días o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A festa celébrase en honor ao Cristo...

venres, 13 Xuño, 2025 - 11:52
Turismo de Vigo

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!

Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.

O Auditorio de Castrelos...

sábado, 7 Xuño, 2025 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2024, 12 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

sábado, 24 Maio, 2025 - 15:29
Turismo de Vigo

En toda Galicia celebramos con rituais máxicos ancestrais a Noite de San Xoán, que sinala o comezo do verán e do triunfo da luz solar. O lume, a auga e as herbas aromáticas convértense en sortilexios da boa sorte para as colleitas que se aveciñan. Podes gozar das fogueiras e das sardiñas con pan de millo e viño tinto en todos os recunchos de Vigo.

Pero antes tes que subir ao faro das Cíes para ver a primeira posta de sol do verán no Atlántico e a chegada da noite máis curta. A baixa contaminación...

Páxinas