Actualidade

martes, 3 Decembro, 2019 - 14:36
Turismo de Vigo

O  Nadal é o momento do ano no que familiares e amigos nos reunimos para gozar do mellor da nosa gastronomía. E se de algo sabemos en Galicia é de comer ben!!

A esta rica tradición de  cociña galega, Vigo aporta o seu excepcional porto, que fornece de excelentes produtos do mar as lonxas e mercados.

Traslada a arte culinaria de Vigo á túa mesa, achégate ás prazas de abastos e...

mércores, 27 Novembro, 2019 - 14:40
Turismo de Vigo

Non o dubides máis, Vigo é a túa mellor opción para gozar da cidade máis cosmopolita de Galicia durante a última ponte do ano. Preparamos unha axenda chea de emocións para que esta escapada ao corazón das Rías Baixas sexa inesquecible.

- PARA OS ADICTOS AO SHOPPING: Adiántate ás compras de Nadal. Vigo adáptase ao teu peto: desde grandes espazos comerciais e boutiques exclusivas de moda galega ata pequenos comercios de ...

mércores, 11 Setembro, 2019 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

venres, 2 Agosto, 2019 - 10:15
Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 9 ao 11 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes achegarte a ...

Páxinas