Actualidade

domingo, 11 Setembro, 2022 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

luns, 21 Febreiro, 2022 - 19:30
Turismo de Vigo

A falta de documentación impide coñecer de forma exhaustiva o que podería ser o traxe dos nosos antepasados alá polo 1809. Aínda así, e a través de documentación escrita, gravados e cadros podemos facer un estudio aproximativo.

En tódalas épocas as clases sociais e os diferentes gremios de artesáns distinguíanse pola súa vestimenta, xa que canto maior era o nivel adquisitivo, mellores prendas aparecían e se ían mesturando con outras.

Os homes, levaban pucho de lá, monteira baixa ou sombreiro de palla. Nos días de festa e debaixo da...

luns, 21 Febreiro, 2022 - 19:28
Turismo de Vigo

A falta de documentación impide coñecer de forma exhaustiva o que podería ser o traxe dos nosos antepasados alá polo 1809. Aínda así, e a través de documentación escrita, gravados e cadros podemos facer un estudio aproximativo.

En tódalas épocas as clases sociais e os diferentes gremios de artesáns distinguíanse pola súa vestimenta, xa que canto maior era o nivel adquisitivo, mellores prendas aparecían e se ían mesturando con outras.

As mulleres de cotío levaban na cabeza  cofia ou pano da cabeza de lá floreado ou de seda anoado detrás,...

xoves, 10 Febreiro, 2022 - 15:07
Turismo de Vigo

O escritor francés Jules Verne dedica á Ría de Vigo un dos capítulos de “20.000 leguas de viaxe submarina”, alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande co seu popular personaxe Capitán Nemo e o non menos famoso submarino Nautilus, que lle permite abastecerse do ouro perdido baixo as augas na Batalla de Rande para financiar as súas aventuras.

Coñeceu a ría e Vigo anos logo de escribir a novela, cando buscaba refuxio dun...

Páxinas