Actualidade

domingo, 2 Maio, 2021 - 12:51
Turismo de Vigo

Se estás buscando un lugar onde gozar do turismo gastronómico, Vigo é o teu destino.

Dise que os meses con «r» son os mellores para o marisco, así que este mes tes a escusa perfecta para visitar a maior cidade de Galicia.

A ría de Vigo, corazón das Rías Baixas, pon sobre a túa mesa unha infinita oferta de mariscos e peixes que farán as delicias do máis esixente dos padais.

A ampla oferta de restauración de...

martes, 16 Marzo, 2021 - 12:30
Turismo de Vigo

Escoitaches algunha vez a apaixonante historia do Cable Inglés?

En 1873 instalábase no nº 20 da rúa Real, en pleno corazón do barrio histórico de Vigo, a sede da Eastern Telegraph Company, a maior empresa telegráfica do mundo. 

A seguridade que ofrecían o Porto e a Ría para o amarre do cable foi unha das razóns que fixeron posible que, a través de Vigo, Europa coñecese noticias e acontecementos de importancia clave para o devir da historia.

A chegada do cable telegráfico...

luns, 1 Marzo, 2021 - 19:10
Turismo de Vigo

A comodidade do taxi é unha boa opción para coñecer Vigo, especialmente recomendable para familias con rapaces pequenos, para os que teñen dificultades ou simplemente para aqueles aos que non lles apetece andar. Os prezos ofrecidos por Radio Taxi son para un taxi no que caben ata catro persoas. Se o precisas, existen taxis adaptados a discapacitados; abonda con reservalos cunha hora de antelación.

Escolle o percorrido que máis che guste e goza dunha ruta personalizada ao teu ritmo.

MIRADOIROS DE VIGO

(40 km, 4 paradas de 15...

domingo, 10 Xaneiro, 2021 - 12:05
Turismo de Vigo

Xa chegou o inverno a Galicia e con el, montañas verdes que se funden co mar, olas que rompen contra os acantilados e aire limpo e fresco.

Onde os bares e cafeterías son ideais para escapar do frío e pasar grandes momentos con amigos e familiares. E se en Galicia sabemos de algo, é de reunións e celebracións ao redor dunha mesa. Ven a Vigo e goza dun ritual gastronómico no que o último invitado á mesa sempre é un bo ...

Páxinas