Actualidade

mércores, 2 Maio, 2018 - 10:49
Turismo de Vigo

O encontro do sector naval en España

A Feira Internacional de Industria Naval de Vigo, Navalia, é a primeira feira de España e o Sur de Europa no seu sector. A feira, centrada na construción naval, combina a exhibición con xornadas de traballo e máis de 40 relatorios cada ano. Celébrase en maio noInstituto Feiral de Vigo, con máis de 20.000 profesionais e unha cifra superior aos 5.000 millóns de euros de negocio.

Pistas e recomendacións: 

Navalia atrae a miles de...

martes, 24 Abril, 2018 - 15:00
Turismo de Vigo

 Celebra cos Maios a chegada da primavera

Vigo ten a súa propia festa da primavera: a Festa dos Maios, unha cita ancestral que, segundo contan as lendas, se festexa desde el período neolítico, coa aparición da agricultura.

É unha fermosa celebración pagá, que traslada ás pedras centenarias do barrio histórico de Vigo o costume dos nosos antepasados de invocar aos deuses para pedir boas colleitas. O rito agrario para favorecer a fecundidade da...

luns, 9 Abril, 2018 - 12:52
Turismo de Vigo

Durante a túa visita a Vigo gozarás de momentos e lugares irrepetibles: postas de sol, miradoiros sobre a Ría, esculturas, praias... Sitios únicos que necesitarás inmortalizar coa túa cámara.

Para axudarche a crear o teu álbum, seleccionamos 10 lugares imprescindibles para facerse unha selfie e compartila co mundo.

 1.- Fortaleza de O Castro: Apoiad@ sobre os centenarios muros deste...

xoves, 5 Abril, 2018 - 09:36
Turismo de Vigo

Medran os días e a luz ampliada polo espello que é a ría inunda todos os recunchos.

Aparecen os primeiros brotes e a herba volve medrar.

Na ría brincan os peixes gozando dos ricos nutrientes que comezan a aflorar coas augas oceánicas profundas que penetran no estuario.

Hai máis veleiros na ría e máis sendeiristas nas rutas litorais.

Visítannos as aves mariñas que buscan o norte: gaivotas, corvos mariños, pardelas, pentumeiros, mascatos, carráns, garzas. Cruzan o ceo ou danzan na fina area das nosas praias, antes de mergullarse nas ondas buscando alimento nun...

Páxinas