Actualidade

luns, 18 Decembro, 2017 - 14:16
Turismo de Vigo

Vigo é o mellor destino para empezar a coidarte e cumprir os teus propósitos de ano novo.

Que mellor xeito de coller forzas para o ano entrante que relaxándote nun spa, balneario ou talaso! Ven ás Rías Baixas e elixe o tratamento que mellor se axuste ás túas necesidades, xa sexa terapéutico, lúdico, de beleza ou de relax. Para os que nos visitan por negocios,  contamos tamén con numerosos spas urbanos onde deixar atrás o estrés dunha intensa xornada laboral, entre outros...

mércores, 6 Decembro, 2017 - 12:40
Turismo de Vigo

Celebra esta Noitevella na maior cidade de Galicia dunha forma especial.

Escolle o teu vestido e traxe de festa de Fin de Ano en Vigo. Temos moda para todos os gustos e petos: desde centros comerciais e prestixiosas firmas de deseño galego a bohemios mercados, cunha ampla selección de roupa de festa e complementos vintage para recibir o 2020.

E para a cea de fin de ano, escolle entre unha ampla oferta de hoteis,  ...

luns, 11 Setembro, 2017 - 16:21
Turismo de Vigo

Alegrámonos de recibirvos e de darvos a benvida a Vigo. Faremos o posible para que esteades a gusto entre nós, para que vos sintades acompañados e aproveitedes o tempo aprendendo e pasándoo moi, moi ben. Que a profesionalidade non sexa incompatible coa alegría de vivir. Somos unha cidade viaxeira, de navegantes e emigrantes. E de traballadores. Sabemos de que falamos...


Desexámosvos moitos éxitos e unha grata estancia entre nós. E aquí estamos, en Turismo de Vigo, para o que precisedes.

mércores, 23 Agosto, 2017 - 14:22
Turismo de Vigo

7 - 10  de setembro: Celebra o día do marisco en Vigo

Festa do Marisco, que organiza o porto de Vigo, celébrase sempre en setembro, para celebrar a chegada dos meses con “r” e a apertura da temporada de mellor marisco na Ría de Vigo. Cada ano, nesta festa véndense 40 variedades diferentes de marisco a prezos máis que populares. Todo aderezado con postos de artesanía e baile folclórico, de xoves a domingo.

Pistas e recomendacións: 

Na ...

Páxinas