Igrexa Románica de Castrelos

En Castrelos, a igrexa románica mellor conservada.

A igrexa de Castrelos é o templo románico de Vigo mellor conservado, xunto ás de Bembrive e Coruxo. Construíuse en 1216 sobre unha planta de nave única de 20 m de longo. Arquitectonicamente é unha igrexa destacada: polas 5 fiestras da nave e polos 3 fermosos óculos que iluminan a ábsida, á que se entra a través dun fermoso arco apuntado.

Pistas e recomendacións: 

Castrelos é un dos barrios de Vigo con máis posibilidades para pasar o día. Podes organizarte unha ruta de mañá visitando a igrexa, o parque e o museo municipal e logo pasear por un tramo da ruta do río Lagares, que te levará ata as praias.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Camiño da Corredoura (Castrelos)