Navalia

O encontro do sector naval en España

A Feira Internacional de Industria Naval de Vigo, Navalia, é a primeira feira de España e o Sur de Europa no seu sector. A feira, centrada na construción naval, combina a exhibición con xornadas de traballo e máis de 40 relatorios cada ano. Celébrase en maio no Instituto Feiral de Vigo, con máis de 20.000 profesionais e unha cifra superior aos 5.000 millóns de euros de negocio.

Pistas e recomendacións: 

Navalia atrae a miles de visitantes profesionais: se coincides en datas, lembra reservar o teu aloxamento en Vigo con antelación.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica