Vigo, Cidade Universitaria

Unha visita ao campus

A Cidade Universitaria de Vigo enclávase nun lugar privilexiado: o Campus de Lagoas-Marcosende. É un conxunto espectacular deseñado por uns dos arquitectos españois máis salientables: Enric Miralles e Alfonso Penela. Hai edificios de vangarda,  de impresionantes formas, como o Aulario: un xogo de módulos sobre formigón, aceiro, madeira e zinc; e instalacións deportivas, como a zona cuberta, que respecta a continuidade da paisaxe afundindo a súa planta principal baixo terra. 

Pero a universidade é moito máis que un fermoso continente: é, sobre todo, contido. E de carácter internacional! Cada ano chegan á cidade estudantes Erasmus procedentes de Alemaña, Francia, Polonia, Italia Brasil… Tamén existen convenios con México, Chile, Uruguai ou Taiwán, que contribúen a enriquecer o carácter cosmopolita e aberto de Vigo.

Pistas e recomendacións: 

O campus de Vigo está rodeado de parques forestais, nun monte impresionante. Despois da túa visita ao campus podes achegarte ata o barrio de Zamáns, onde, se tes sorte, podes atoparte co mercado semanal, ou ir visitar o encoro e os seus muíños.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Queres vir estudar a Vigo? O campus de Vigo é un lugar perfecto para aprender español ou estudar os segredos do mar. Infórmate dos diferentes programas na web da UVIGO. E na Guía do Alumnado Estranxeiro.

Se xa es estudante estranxeiro en Vigo, podes informarte na Oficina de Turismo de Vigo acerca dos programas de voluntariado en curso.