Igrexa de San Miguel de Bouzas

A igrexa de San Miguel de Bouzas é unha das mostras de arquitectura relixiosa en Vigo con máis historia: os veciños de Bouzas suxeriron ao prelado Don Diego Muñoz, en 1542, que xa eran tantos que necesitaban a súa propia igrexa, para non ter que desprazarse á veciña Coia. Foi a orixe da actual igrexa de San Miguel, que primeiro foi unha pequena ermida, ampliada anos despois, e que finalmente foi reedificada en 1697. O fermoso templo relixioso de Bouzas é un dos atractivos da antiga vila mariñeira, aparte de pola súa fermosa arquitectura, por estar situado fronte ao mar e polo seu cruceiro, que se cree que marca a orixe da vila.

Pistas e recomendacións: 

Bouzas é un dos barrios máis recomendables para ruar na nosa cidade. A igrexa está ao comezo do Paseo Marítimo de Bouzas, moi recomendable. Tras o paseo, aconsellámosche que te sentes fronte ao mar nalgunha das súas terrazas.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Avda. Eduardo Cabello (Bouzas)